A Estrada presenta a programación do Entroido

A Estrada presenta a programación do Entroido

A Estrada presentou a programación do Entroido 2024. Comezará este sábado ás 17.00h en Guimarei co Entroido infantil. O xoves 27 ás 20.00h presentaráse na Casa das Letras o libro VIVA!, que trata sobre os Xenerais da Ulla.

O sábado 1 haberá bailes de disfraces para os rapaces no Mercado (17.00h) e para os maiores na residencia (17.30h). O domingo 2 será o Entroido Tradicional de Couso, o encontro de Mini Xenerais ás 17.00h no Souto de Vea e o atranque dos Xenerais de Couso ás 19.00 no Campo da Festa.

O luns ás 17.00h celebraráse o concurso de disfraces do concello da estrada presentado por Isi, na Praza da Feira e con desfile polas rúas da Estrada e, ás 23.30h, comezará o Baile de Disfraces de Guimarei.

O martes ás 16.30h comezará o tradicional desfile de comparsas e dos Xenerais da Ulla pola Estrada, que estará presentado por Pablo Chichas e que contará coa bendición do Padre Xiao. Ás 18.30h será o encontro dos Xenerais na praza da Feira.

Ás 23.30h do venres terá lugar o Sorteo de Entroido na Praza do Concello e contará coa presencia de Will Discomóbil e de Pablo Chichas.

O sábado 8 celebraráse o Entroido Tradicional de Arnois, que comezará ás 18.00h co Encontro dos Xenerais. Na Estrada, ás 19.00h terá lugar o Enterro do Salmón e, a partir das 21.30h, o concurso de disfraces da hostelería.

Comentarios

Deixar un comentario