“Moito choveu desde que en febreiro de 2011, hai xa 14 anos, o Parlamento Galego aprobara por unanimidade, a instancias do BNG, a mellora do acceso ao centro médico do Souto de Vea. Desde aquela a Xunta nada fixo, a pesar que de os nosos deputados e deputadas rexistraban emendas aos orzamentos para que esta mellora fose unha realidade”, así explicou Xoán Reices, voceiro do BNG na Estrada, a situación que se vive no cruce do Centro de Saúde do Souto de Vea.
Asegurou que os veciño teñen que ” facer verdadeiras manobras para acceder con seguranza ao centro de saúde” e avanzou que Ariadna Fernández, deputada no Parlamento galego, vai levar este asunto ao Hórreo.
“Non agardamos milagres, mais si agardamos que o goberno de Rueda teña un mínimo de sensibilidade cos veciños e veciñas de Vea, así como os e as profesionais do SERGAS que alí traballan”.
Xoán Reices, voceiro do BNG na Estrada
Denuncia que a pronunciada pendente dificulta incorporarse á PO-841, algo que só se pode facer en dirección Santiago e que o cambio de sentido tense que facer noutro punto.

Deixar un comentario