Radio Estrada fará 30 anos este sábado e para celebralo emitirá un especial desde o Teatro Principal. Será este sábado de 9.00 a 13.00h e contará coa presenza de presentadores históricos, figuras destacadas do panorama cultural e social e coa música en directo do Obradoiro Carlos Barruso.
O evento, de acceso libre ata completar aforo, estará aberto ao público. As persoas interesadas poden retirar os convites no Departamento de Cultura do Concello ou en Radio Estrada.
Ademais, o programa poderáse escoitar en directo a través doutras emisoras municipais, pois vaise retransmitir por Radiofusión.
Imaxe de portada: Estudio de Radio Estrada // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario