Ezequiel Mosquera, director do Gran Camiño, comentou en declaracións a O Xornal da Estrada e a Avituallamiento Ciclista que foi “unha etapa bonita” e recoñeceu que era “un circuíto que me facía ilusión facelo” e que “existía certo nerviosismo porque estaba convencido de que o pelotón se ía romper” pero que “non me esperaba que chegara un grupo tan grande á Estrada”.
Comentou que “chegou un grupo que o estreito da chegada doume un pouco de nerviosismo, pero polo demais a etapa foi espectacular como non podía ser menos”.
Ademais, asegurou que nos vindeiros días teremos moito “espectáculo, tensión; cambios de líder, ao mellor si ou ao mellor non, e veremos unha carreira bonita de ver, que ese é o obxectivo”.

Deixar un comentario