O Concello organiza unha charla informativa sobre a acollida de menores

O Concello da Estrada organiza unha charla informativa sobre o programa de acollemento familiar En Familia. Será o xoves entre as 19.00 e as 21.00 no MOME.

Nela daráse a coñecer a situación dos nenos, nenas e adolescentes que residen en centros de protección e sen familiares que poidan ter a súa tutela e falaráse da importancia de que sexan acollidos. Aproximadamente o 42% dos residentes nestes centros están durante longas estancias.

O programa forma parte da estratexia de desinstitucionalización e fomento do acollemento familiar da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e está financiado con fondos Next Generation.

Desde o Departamento de Servizos Sociais animaron aos estradenses a participar neste acto.

Comentarios

Deixar un comentario