Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, puxo os concellos de Ribeira e Boiro como exemplos de como favorecer a empresas de proximidade na contratación para a comida do maior. Neles empregan baremos de puntos en función da distancia, contando ata un 40% da puntuación final.
O socialista preguntouse se neses concellos teñen unha lexislación diferente ou se “o noso alcalde non é moi hábil”, ademais de asegurar que Louzao “non está preparado”. Volveu a insistir en que se devolvan os cartos e en que, se gobernaran os socialistas, contrataríase a empresas locais de forma legal.
Deixar un comentario