Este sábado O Xornal da Estrada estreará Politicando, un espazo de opinión no que son os partidos políticos os que escriben. Cada semana tocarálle a un partido con representación no pleno do Concello diferente. O partido encargado de estrear este espazo será o PP.
“Con Politicando”, apunta Rubén Rosende, director do Xornal da Estrada, “creamos unha vía de comunicación directa entre os diferentes partidos e o cidadán” e demóstrase “o compromiso que temos coa pluralidade e coa política local”.


Deixar un comentario