O IES Antón Losada Diéguez recadou a través da campaña Corazón Solidario 300 euros que doou a AGADEA. A recadación conseguírona vendendo durante todos os recreos de dúas semanas do mes de febreiro bombóns e cartas a 0,5 e 0,2 euros, respectivamente.
No proxecto participaron os alumnos e alumnas de 2º da ESO María Terceiro, Manuel Rodríguez, Iago Cabaleiro, Noa Romero, Zaira Costa, Eloy Lusquiños, Andrés Duro, Lía Rey, Julia Rey, Mauro Míguez, e Manuel Matalobos, que este venres estiveron presentes no acto de entrega da doazón. Desde ADEGA, acudiron Isabel Gey, presidenta, Sonia Castro e Laura Rodríguez, traballadoras de AGADEA A Estrada e Jesusa, Erundina e Alfonso, usuarios do servizo.
Desde AGADEA fixeron un pequeno agasallo ao centro e Gey gabou o traballo do alumnado. Os rapaces e rapazas explicaron que escolleronos por ser unha entidade sen ánimo de lucro e por traballar para o coidado de persoas con afeccións cerebrais e mentais. Desde o centro destacan que iniciativas como esta fan que traballar no ensino publico adquira todo o seu sentido.
Imaxe de portada: rapaces participantes e membros de AGADEA // cedida


Deixar un comentario