O vindeiro domingo 23 ás 19.00h o Teatro Principal acollerá o Concerto de Solistas da Banda Municipal da Estrada baixo a dirección de Álvaro Varela.
Coa trompeta actuarán Brais Fernández Bascuas, gañador do III Concurso de solistas da Escola da Banda Municipal e Víctor Bascuas Sanmartín, trombonista da agrupación. Como convidado estará Adrián Silva, que fará gozar ao público coa súa frauta traveseira e que estreará a peza Fantasía concertante para frauta e banda, de Xosé Carlos Seráns, que mestura ritmos de muiñeira, de rumba e de nanas, entre outros.
Tamén se interpretarán as obras Lo Cant del Valencia, El Cid, T-Bone e A festa das trompetas. Para asistir é necesario retirar convite no departamento de Cultura do Concello.


Deixar un comentario