O BNG presenta unha nova moción contra Altri

O BNG presenta unha nova moción contra Altri

O BNG da Estrada presentou unha nova moción contra Altri. O voceiro do partido, Xoán Reices, agardou que “nesta segunda ocasión o PP sexa máis sensíbel ao sentir maioritario que aumenta día a día contra estre proxecto depredador, que terá graves consecuencias sobre o medio e en concreto sobre o noso río Ulla”.

Asegurou que “non podemos consentir que o PP converta Galiza nunha inmensa eucalipteira” e que “tamén queremos poñer o foco no goberno do Estado, xa que esta megacelulosa só é viábel se Altri recibe 250 millóns de euros de fondos Next Generation”.

Segundo o nacionalista, “a maior parte dos veciños e veciñas da Estrada teñen claro que esta macrocelulosa é negativa para o país e para o medio ambiente, unha fábrica, que polas súas características tampouco queren en Portugal”, polo que considera esta moción como “unha nova oportunidade” para que o PP se posicione en contra do proxecto.


Imaxe de portada: manifestación contra Altri na Pobra do Caramiñal // cedida

Comentarios

Deixar un comentario