“Calle Cuba 759” terá unha segunda edición

Aínda que non estaba previsto e o autor pechara a porta a esa posibilidade, Calle Cuba 759, a biografía do pintor Baldomero Calviño escrita por José Manuel Bouzas, terá unha segunda edición. Isto foi posible grazas ao cariño recibido polos lectores e pola alta demanda de máis exemplares. Lembremos que os da primeira edición esgotáronse en menos dunha semana.

Calcúlase que en quince días estea dispoñible na Libraría Faro e está prevista, pero non confirmada, a presentación do libro en Cuntis e en Boiro.Bouzas xa se atopa traballando no seu novo proxecto, Lo que nunca te dije, regresando ao mundo da ficción e abandonando o da biografía.

Comentarios

Deixar un comentario