Este sábado Galicia será o mellor lugar de toda España para ver a eclipse parcial de sol. Será entre as 10.42 e as 12.37h da mañá, alcanzando o seu máximo ás 11.38h. Nese momento máis do 40% da superficie do sol estará oculta detrás da lúa.
Estas eclipses non se poden mirar de forma directa ou con lentes de sol, senón que hai que empregar dispositivos homologados. En caso de non contar con eles a mellor forma de velo é facendo unha cámara escura, ou o que é o mesmo, facémoslle un buraco duns milímetros a unha cartolina e colocámonos de costas ao sol suxeitando a cartolina de tal forma que quede exposta á luz sol. Deste xeito poderemos ver a imaxe do sol noutra cartolina ou parede.
Pode atopar máis información na web do IGN.

A seguinte eclipse será o 12 de agosto de 2026, momento no que os ceos quedarán completamente ás escuras, pois será unha eclipse total.
Imaxe de portada: Evolución da eclipse en Pontevedra // IGN

Deixar un comentario