Representación estradense na Festa do Viño da Ulla

Representación estradense na Festa do Viño da Ulla

O 5 e o 6 de abril celebraráse en San Miguel de Sarandón (Vedra) a Festa do Viño da Ulla. O último día o Concello da Estrada contará con representación institucional:

“A Estrada e Vedra son concellos veciños que se bañan
no Ulla. Compartimos moitas cousas e tamén queremos estar aí nun día tan grande como o da Exaltación do Viño da Ulla, unha festa á que asisten cada ano moitos estradenses”

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada

Ademais, tamén haberá representación local na Mostra dos Concellos da Subzona Ribeira da Ulla con dou representantes do máis alto nivel: o viño e o salmón, este último integrado nas propostas gastronómicas do estradense Jaume García. A Asociación Maceira e Sidra estará na festa escanciando sidra, algo que servirá de aperitivo para a Festa da Sidra, que se celebrará o 7 de xuño.

Comentarios

Deixar un comentario