Radio Activistas polo Avelina Valladares

O proxecto Radio Activistas polo Mundo aterrou no IES Avelina Valladares coa gravación dun programa o pasado 25 de marzo. Nel participou alumnado de 2º da ESO, profesorado do centro e o departamento de Orientación coa colaboración das ONGD Agareso, Solidariedade Internacional Galicia e Asemblea de Cooperación pola Paz.

Durante os últimos meses o alumnado participou en charlas que lles permitiu coñecer que é ser activista e analizar de xeito crítico os medios de masas.

A gravación na Biblioteca estivo pilotada por Rocío e Eloi. O programa tratou temas como a realidade do colectivo LGTBIQ+ nas aulas galegas, o impacto da macrocelulosa ALTRI no Ulla e en Galicia, o pasado e o presente do movemento feminista na loita pola igualdade de xénero, o discurso de odio existente nas redes sociais contra o feminismo, o racismo latente na nosa forma de nos expresar, o consumo responsable de alimentos e as historias dos novos galegos que chegan doutras terras e estará dispoñible próximamente para que calquera o poida escoitar.

Contaron coa colaboración de Ana Ojea (Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia), Pablo Jásper (A Ulla Viva), Lara Fuentes (A Ollada da Sospeita), Sandra Múñoz (nai da comunidade educativa) e Manuel Rey (Rebulidoiro Granxa Eco), que foron entrevistados polo alumnado.

Comentarios

Deixar un comentario