Este martes o IES Antón Losada Diéguez converteráse nun estudio radiofónico. Desde as 8.00 ata as 10.00h a emisora emitirá con motivo do seu 30º aniversario un programa especial presentado por Pablo García. No primeiro bloque intervirán o alcalde Gonzalo Louzao e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García e, no segundo bloque, o alumnado do centro.
Tras este programa gravaráse a fase rexional do concurso radiofónico da nova edición de Onda ODS, para o que foron seleccionados os IES Antón Losada Diéguez e Manuel García Barros, xunto co Perdouro de Burela e o de Fene. En caso de clasificarse pasarían a competir a nivel internacional. Con este proxecto búscase achegar as problemáticas da Axenda 2030.
Excursión a Barcelona
Por outra banda, un grupo duns 40 alumnos de 4º da ESO está de excursión de fin de curso en Barcelona. Chegaron o venres á cidade catalana e puideron visitar a Sagrada Familia, o barrio Gótico, paseo de Gracia, Museu Maritim e o Porto de Barcelona. Este domingo gozaron dunha xornada no parque de atraccións Port Aventura. Na tarde deste martes regresarán á Estrada.

Imaxe de portada: programa especial polo 30º aniversario de Radio Estrada (01/03/2025) // cedida


Deixar un comentario