Atendendo ás peticións da Policía Local, o Concello aproveitou estas xornadas de bo tempo para comezar a realizar melloras na sinalización horizontal coa finalidade de mellorar a seguridade na vía.
Destaca o repintado de 30 pasos de peóns, no que se empregará unha pintura de dous compoñentes que garantirá unha maior durabilidade e unha maior adherencia por parte dos pneumáticos dos vehículos. Agárdase que, con este cambio, estean en boas condicións durante cinco anos. Amais, engadiránse dous novos nas travesías da avenida de Pontevedra
Tamén se reforzarán os illotes e liñas amarelas, en moitos desgastadas nas esquinas das beirarrúas. Esta acción faráse extensible ás zonas azul, de aparcamento rotatorio regulado e verde, de uso para os residentes.
Na saída do aparcadoiro do Teatro Principal pintouse un paso de peóns na beirarrúa, para lembrar aos condutores que, para saír, téñena que atravesar e, así, evitar invasións abruptas desta. Para reforzar esta medida vanse instalar gomas reductoras de velocidade.

Outras medidas que se inclúen no proxecto son a creación de dúas prazas para persoas con discapacidade fronte á Tesourería da Seguridade Social e o pintado do aparcadoiro público situado entre a N-640 e a Escola Infantil da Galiña Azul, que na actualidade non ten algunha sinalización operativa.
Imaxe de portada: paso de peóns repintado // cedida


Deixar un comentario