A Estrada celebra o Día Mundial do Autismo

A Estrada celebra o Día Mundial do Autismo

Cada 2 de abril celábrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Na mañá deste mércores celebrouse un acto, convocado pola Afacaf e que contou co respaldo de Cogami e Agadea.

“Alzamos a voz para lembrar que as persoas autistas non son invisibles e que deben participar en todas as decisións que lles afectan como parte activa da sociedade. O autismo é diverso, cada persoa é distinta, por iso as persoas con autismo son infinitas. A variabilidade dentro do espectro é enorme: cada persoa é única e as súas necesidades tamén o son”. Estas son algunhas das palabras que pronunciou Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, durante a lectura do manifesto.

Os asistentes estaban provistos co símbolo do infinito, en consonancia co lema da campaña deste ano “Somos infinitos”. Ademais do alcalde, asistiron Amalia Goldar, edil de Benestar Social, Lucía Seoane, concelleira de Cultura, Emprego e Xuventude, Román Suárez, do PSOE da Estrada e Sindo Villamayor, do BNG.

O manifesto recolleu a estimación de que un de cada 100 persoas de España sitúase no espectro do autismo “o que supón centos de miles de persoas con realidades e necesidades diversas”. “Con todo, a pesar desta significativa presenza na nosa sociedade, o coñecemento sobre o autismo e o recoñecemento dos seus dereitos aínda son insuficientes”, sinalan.

Por outra banda, o consistorio quedou iluminado de cor azul na noite do martes.


Imaxe de portada: acto polo Día Mundial do Autismo // cedida

Comentarios

Deixar un comentario