Este mércores o programa Fala que fala de Radio Líder Santiago emitiráse desde o IES Manuel García Barros. Será desde as 10.00 ata as 12.00h e contará co Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García e co alcalde estradense Gonzalo Louzao. Este último foi elixido polo alumnado para ser entrevistado. Ademais, o propio alumnado intervirá a través de reels, entrevistas e xogos de palabras.
Fala que fala é un programa educativo que achega a radio en directo aos rapaces de 1º e 2º da ESO para promocionar o uso do galego nesta franxa de idade. Ademais, busca poñer en valor a labor realizada polos departamentos de Dinamización Lingüística e achegar figuras destacadas da contorna.
Teatro contra a violencia de xénero
O xoves representaráse no centro a obra de teatro Golpes. Asistirán o alumnado de 1º ESO, José López Campos, conselleiro de Cultura e Roberto Barba, Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.
Ademais, nesta mesma xornada, parte do alumnado do centro parcipará, xunto a outros doutros centros educativos do concello, no Día de Educación Física na rúa.
Imaxe de portada: IES Manuel García Barros // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario