Charla sobre a responsabilidade penal dos menores

A Escola de Familias do IES Antón Losada Diéguez acollerá este xoves 10 ás 19.00h unha charla sobre a responsabilidade penal dos menores con Carlos Fernández Pedrós, Traballador Social e membro do Equipo educativo do Centro Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) ARELA. Será na biblioteca do centro.

Con esta actividade preténdese abordar situacións relacionadas coa detección de situacións de risco grave para a rapazada como pode ser unha denuncia, o proceso xudicial que se deriva dunha denuncia e, sobre todos, as implicacións a nivel persoal, social e familiar que suporían estas situacións non desexadas.

É a cuarta actividade desta escola no presente curso, tras a charla a cargo de Sabela Maceira Mato, no primeiro trimestre, e o obradoiro de Laura Campos no segundo.

Comentarios

Deixar un comentario