Colocan bandas de goma na saída do aparcadoiro do Teatro

Colocan bandas de goma na saída do aparcadoiro do Teatro

Operarios municipais colocaron bandas de goma coa finalidade de facer máis segura a saída do aparcadoiro do Teatro Principal. Esta medida súmase ao pintado xa realizado dun paso de peóns sobre a beirarrúa para remarcar que se transita por ela e que os peóns teñen prioridade. Ambas medidas foron propostas pola Policía Local.


Imaxe de portada: bandas instaladas // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario