Xornada técnica sobre o sistema de freado ATE no Antón Losada

Xornada técnica sobre o sistema de freado ATE no Antón Losada

O IES Antón Losada Diéguez acollerá este xoves 10 unha nova xornada técnica en colaboración coa firma Recambios Europa. Nela achegaráse aos asistentes ao estudo e implementación do sistema de freado ATE, que incorpora unha tecnoloxía que maximiza os beneficios positivos dos usuarios e minimiza os impactos negativos no medio ambiente e a sociedade. Está dirixida tanto ao alumnado e profesorado da FP de Mantemento de vehículos coma aos profesionais do sector da contorna.


Imaxe de portada: Edificio da FP de Transporte e Mantemento de Vehículos // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario