O Concello instalou un desfibrilador semiguiado no Campo da Nogueira (Vea). Con esta actuación completan a instalación de 5 aparellos que pode utilizar calquera persoa no caso dunha parada cardiorrespiratoria, pois segundo se van empregando o desfibrilador dá as indicacións de que facer.
No pavillón Coto Ferreiro atópase o que cubre ao propio espazo, as piscinas municipais e o pavillón número 3 da Fundación de Exposicións e Congresos. O situado no Manuel Regueiro tamén se empregaría nas pistas de tenis e de pádel, mentras que o do Novo Municipal tamén se empregaría nas pistas de atletismo. Por último, o campo de Callobre conta con outro dispositivo.
Para o último que se colocou destinátonse 1500 euros, unha inversión que, desde o departamento que dirixe Ismael Pena, consideran máis que xustificada.
Imaxe de portada: desfribilador instalado// cedida

Deixar un comentario