O BNG sacou peito da labor que realizaron reivindicando a necesidade de acometer melloras na N-640, algo que se fixo realidade esta semana. Aseguran non querer “colgarnos medallas, mais si é xusto poñer en valor o noso traballo para mellorar a N-640”.
Lembraron que o 26 de marzo aprobouse no Congreso unha inciativa defendida por Néstor Rego. Ademais, o 30 de novembro de 2024 congregaron a 50 persoas diante do centro de Conservación e Explotación da N-640, no Alto da Cruz, para mostrar a súa indignación polo estado no que se atopa a vía.
A variante tamén tivo iniciativas, tanto polo deputado Néstor Rego coma pola senadora Carme da Silva. Este asunto, pese a atoparse no acordo de investidura, aínda está sen executar.
Imaxe de portada: Manifestación do BNG diante do centro de conservación // cedida

Deixar un comentario