Queremos Galego celebrará un plenario comarcal polas Letras Galegas

Queremos Galego celebrará un plenario comarcal polas Letras Galegas

Queremos Galego celebrará o mércores 30 ás 20.00h no MOME un plenario comercal para preparar a “macrofoliada” a prol da lingua que se celebrará o 17 de maio en Santiago de Compostela.

Desde a organización animan ás agrupacións musicais da bisbarra a participar no evento no que se homenaxeará ás cantareiras, que serán as protagonistas do Día das Letras Galegas.

Tamén se tratará o incio do proceso Lingua Vital, que busca que se aplique o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade en 2004 e do que aínda non se levaron a cabo as medidas.

Comentarios

Deixar un comentario