Comeza a semana de Santa Rita de Cereixo

Comeza a semana de Santa Rita de Cereixo

Este mércores comezará a semana grande de Santa Rita en Cereixo. Ata o 21 de maio celebraránse o rosario, a novena e unha procesión coas imaxes e os coros parroquiais de diferentes parroquias estradenses.

Este mércores será o turno da Virxe de Guadalupe da Grela (Codeseda), o xoves do Santo Cristo de San Pedro de Ancorados, o venres da Virxe da Regla do Foxo, o sábado da Virxe do Amparo de Berres, o domingo de Santa Margarita de Callobre, o luns de San Lázaro de Barbude e, o martes, de Santo Domingo de Moreira. Para rematar, o mércores 21 estará San Paio da Estrada.

O xoves 22 será o día grande da romaría de Santa Rita. Oficiaránse misas ás 9.00, 10.00, 11.00 e 12.00h. Bendiciránse as flores de Santa Rita e a Banda de Gaitas de Barbude será a encargada da música. Ás 20.00h actuará a Banda de Música Municipal da Estrada e ás 20.45h comezará a novena que poñerá final á festa. Estará cantada por todos os coros parroquiais que participaron e todas as imaxes que se trasladaron a Cereixo, xunto a Santa Rita e San Xorxe de Cereixo, participarán na Procesión das Antorchas.

Comentarios

Deixar un comentario