12 locais participarán na Festa do Salmón

12 locais participarán na Festa do Salmón

Na mañá deste martes presentouse a LI Festa do Salmón. No acto, celebrado na Porta do Sol, estiveron o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, o concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, o presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla, Manuel Sanmartín, e a xerente da ACOE, Patricia Magariños.

Avanzaron que na degustación do domingo 18 participarán 12 restauradores, que ofrecerán racións con 20 variedades de salmón por catro euros. Estes serán Velis Nolis, Malo Será, Cervela, A Casa do Pan, Sala Gradín, Río Liñares, O Lagoeiro, Andalucía, O Candil, A Riala, Míster Pizza e A Lacena de Chucha. En total repartiránse máis de 5.500 pinchos.

Antes da degustación terá lugar o pregón a cargo de Xosé Antonio Touriñán e entregaránse catro Salmóns de Ouro, un deles ao propio Touriñán. Ademais, esta festa traerá consigo unha ampla oferta cultural: o sábado ás 22.00h actuará Treixadura na Praza da Constitución e, o domingo ás 20.00h, será o turno da París de Noia na Farola.

Antes do día grande celebraránse dous eventos: a 49ª edición do Concurso Internacional de Pesca do Salmón e a Ruta do Salmón de Tapas. O concurso de pesca será esta fin de semana e conta con 43 participantes inscritos.

As tapas serviránse o venres 9 e o sábado 10 de 12.30 a 15.00 e de 20.00 a 22.30h. Participarán 17 locais e ofreceránse a 3 euros. Serán Andalucía, O Lar, Bodeguiña, Mesón, O Candil, Navegación, Oasis, Enredo, Velis Nolis, A Lacena de Chucha, Resistencia, Samaná, Malo Será, Café Central, Eureka, Faladoiro e As 3 Portiñas.


Imaxe de portada: Presentación da Festa do Salmón // cedida

Comentarios

Deixar un comentario