Esta fin de semana celebraráse en Cora a festa da Inmaculada Concepción. Comezará o sábado cunha misa rezada ás 10.00h e outra solemne cantada ás 13.00h. A sesión vermú correrá a cargo do dúo Reflejos e, á noite, Unión y Fuerza e Olympus amenizarán a verbena.
O domingo oficiaráse unha misa cantada ás 13.30h e, despois, será a sesión vermú, que contará coa música da charanga Os Intocables e dos Campiños.


Deixar un comentario