Callobre divide en dous días a Festa Vaia Troula

Callobre divide en dous días a Festa Vaia Troula

Tras suspenderse polo mal tempo, a Comisión de Festas de Callobre anunciou as novas datas da Festa Vaia Troula, que se vai a dividir en dous días.

O venres 23 de maio, ás 23.00h, comezará unha verbena coa orquesta Cinema e a Discoteca Pirámide XL, que contará con Marcos Kintana.

O domingo 1 de xuño, ás 14.30h, celebraráse o Xantar da Primavera. O menú contará con churrasco de porco con patacas, ensalada e sobremesa, ademais de pan, viño, auga, refrescos e café. As entradas custarán 20, excepto para os menores de 12 anos, que custarán 10. Pódense adquirir ata o 26 de maio en Calzados Prieto, frutería Amifrut e restaurante Río Liñares.

Ás 18.00h comezará unha sesión de tardeo coa orquesta Los Satélites e a Discoteca Pirámide XL.

Comentarios

Deixar un comentario