A Fundación Cultural da Estrada rematou este venres a primeira das dúas actividades formativas con certificación de profesionalidade que se está impartindo coa colaboración da Consellería de Traballo.
O vindeiro venres comezará un novo curso de 440 horas de formación, neste caso de .Operacións de gravación de datos e documentos. Aínda quedan dispoñibles seis prazas para esta formación, que rematará o 18 de setembro.
As persoas que realicen o curso recibirán un certificado de profesionalidade outorgado pola Xunta de Galicia. É un curso completamente gratuíto, con horario de 9.00 a 14.00h. Non require estudos mínimos. Para inscribirse, os interesados poden achegarse ata as instalacións da Fundación Cultural ou ben chamando ao 986 570 997.
Imaxe de portada: Clausura do primeiro curso // Concello da Estrada


Deixar un comentario