O sábado 17 ás 18.00h a Praza da Música acollerá o Concerto de Primavera. Nel tocarán case medio cento de rapaces da Banda Infantil da Banda de Municipal da Estrada, dirixida por Rubén Calviño, e da Banda Escola da Banda Municipal da Estrada, dirixida por Álvaro Varela.
A Banda Infantil interpretará The Music Mill, Stonehenge, Edelweis, Daniel e A Moura Galega e, a Banda Escola, Mi primer pasodoble, Pizzicato polka, Festival Suite e Como entrenar o meu dragón.
Na peza Pizzicato polka estará ao xilófono, como solista, Anxo Villaverde Barreiro, que resultou gañador na categoría infantil da terceira edición do Concurso de Solistas organizado pola Escola da Banda.


Deixar un comentario