O Concello pide civismo despois de repoñer as plantas das xardineiras

O Concello pide civismo despois de repoñer as plantas das xardineiras

Na xornada deste xoves o Concello levou a cabo labores de reposición con flores de tempada nas xardineiras da zona peonil. Estas fixéronse para embelecer a zona.

Desde o Concello fixeron unha chamada ao civismo, pois en ocasións anteriores teñen aparecido arrancadas aos poucos días, cos conseguintes gastos que iso conleva.


Imaxe de portada: traballos de reposición das plantas // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario