Despois do anuncio feito pola orquesta Gran Parada, continúa a coñecerse o nome dalgunhas das agrupacións que estarán no cartel do San Paio. Desta volta é o do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso que, tal e como confimou a agrupación durante a Festa do Salmón, actuará o sábado 28.
Lembremos que este ano as festas serán do 25 ao 29 de xuño, sendo o xoves 26 e o venres 27 festivos locais. Ademais, a Comisión de Festas xa ten en marcha o petitorio popular.
Imaxe de portada: concerto do Obradoiro Carlos Barruso na Festa do Salmón // Xornal da Estrada

Deixar un comentario