Confirmados os horarios do Latexo Fest

Confirmados os horarios do Latexo Fest

Este sábado a Praza do Concello acollerá o Latexo Fest. Nel participarán DJ de recoñecemento nacional e, incluso, internacional.

A festa comezarána Pedro VR ás 22.30h e Telmo ás 23.30h. Ás 00.30h será o turno da cabeza de cartel, a arxentina Vilu Gontero. Para pechar a festa, pasarán polo escenario Groove Amigos (1.30h) e Carlos López (2.30h). O after party oficial será no pub Sky.

Imaxe de portada: presentación do Latexo Fest // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario