O Estradense xa coñece o seu rival na final autonómica dos playoffs de ascenso: será a Sarriana. A ida xogaráse o vindeiro domingo, 1 de xuño, ás 18.00h na Ribela (Sarria, Lugo).
O Estradense pasou este domingo de fase tras vencer no global 3 – 1 contra o Noia, mentras que o equipo lugués tivo que agardar ata o final da prórroga para pasar de ronda despois de que o Villalbés empatara o global (1 – 1). Deste xeito, os de Sarria pasaron á final por rematar en mellor posición na liga.
Imaxe de portada: Estradense – Noia // Xornal da Estrada


Deixar un comentario