Este luns comezou no segundo andar do Teatro Principal a entrega das actas de ocupación para a construción do segundo treito da AG-59. En total vense suxeitas a este trámite 212 das 214 parcelas afectadas e foron citados 170 propietarios.
A atención faráse, ata este mércores, tanto pola mañá coma pola tarde e, o xoves, só en horario matutino. En total, a representante do Concello, Amalia Goldar, terá que asinar 600 actas.
Asemade, a Xunta xa ten en fase de licitación as obras do treito entre Pontevea (Teo) e O Rollo (Santa Cristina de Vea).
Imaxe de portada: entrega de actas de ocupación // Concello da Estrada


Deixar un comentario