O voceiro do BNG da Estrada, Xoán Reices, solicitou ao goberno municipal que “máis escrupuloso cos documentos oficiais que ten a disposición na web municipal”.
Segundo comentou, non están dispoñibles para a súa visualización todos os plenos celebrados desde decembro de 2023 – momento no que comezou a funcionar a emisión en liña. “Cremos que a transparencia é importante, e nós non temos nada que agochar, ao contrario; non sei se o goberno si”, preguntouse o nacionalista.
“Hai que ter en conta que as actas dos plenos son documentos oficiais e nelas indícase que o arquivo audiovisual resultante das gravacións das intervencións dos plenos incorpóranse ás actas; sen embargo, ese documento audiovisual en algún caso non está dispoñíbel”
Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada
Asegurou que esta é “unha cuestión na que insistirei no vindeiro pleno”. Tamén se fixou en que “os arquivos audiovisuais das actas non se gardan nos servidores do concello ou de A Estrada Dixital, que sería o lóxico; están no servidor da empresa adxudicataria e supoñemos que a cambio dun cota mensual ou anual por este concepto”. Por iso, pediulle ao alcalde que “aclare esta situación” e que confirme “o custe do espazo de almacenamento que paga o concello a tiivii.com, pertencente ao grupo CINFO”.
Imaxe de portada: captura de pantalla dun pleno


Deixar un comentario