López Bueno asegura que, se a empresa da Festa do Maior se opón á sanción, “teñen todas as de gañar”

López Bueno asegura que, se a empresa da Festa do Maior se opón á sanción, “teñen todas as de gañar”

“Eu sancionaría ao Goberno por incompetente, non foron capaces de organizar ben un evento sobre o que tiñamos un consenso”. Así de contundente se mostrou Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, sobre o anuncio que fixo o goberno municipal sobre a sanción á empresa Catering Spain Corporate Services SL, a encargada da comida da Festa do Maior, na que 50 comensais quedaran sen comida.

Unha sanción que, asegurou, “se a empresa se opón a esas sancións, teñen todas as de gañar porque cumpriron co que indicaban os pregos, que estaban mal feitos”. Engadiu que “o goberno seguro que acordou un período de preaviso sobre o número de comensais que non sabemos se se cumpriu”.

Lembrou que “este contrato sempre se fixera da mesma maneira e foi Gonzalo Louzao o que rompeu co acordo”, facendo que “as empresas locais saíran penalizadas fronte a outras de fóra”.

O socialista concluíu asegurando que a sanción “é unha excusa de Gonzalo para intentar desviar o foco, quere sacudirse a responsabilidade directa que ten na decisión de modificar o procedemento de contratación” e mostrouse convencido de que “o vindeiro contrato se xestionará como dixemos nós”.

“Quedou demostrado que o Pulpo madrileño non é como o de aquí”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada

Imaxe de portada: Festa do Maior // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario