A Fervenza escolle Allariz como destino da súa próxima excursión

A Fervenza escolle Allariz como destino da súa próxima excursión

A Fervenza de Ouzande abriu as inscricións para a súa excursión anual. Celebraráse o domingo 8 de xuño e terá como destino Allariz. A saída está prevista para as 9.00h na Igrexa de Ouzande.

A inscrición pódese facer na Taberna de Ouzande, a través do correo carreirosouzande@gmail.com ou do teléfono 986 570 285. Aqueles que sexan socios maiores de idade pagarán 20 euros, os socios menores de 18 anos, 12 euros, e aqueles que non sexan socios, 25. Cada persoa terá que levar o seu xantar.

Programa:

  • 9.00h Saída desde a Igrexa de Ouzande

  • Parada café

  • Visita á Igrexa románica de Santa Mariña de Augas Santas

  • Roteiro arqueolóxico ata a Cibdá de Armeá (xacemento romano)

  • Xantar en Allariz ao aire libre na praia fluvilal de Acearrica

  • Visita guiada pola vila histórica de Allariz

  • Visita ao Festival de xardíns de Allariz

  • Tempo libre

  • 21.00h Chegada a Ouzande

Imaxe de portada: excursión de 2024 // cedida

Comentarios

Deixar un comentario