A xuventude estradense reclama a continuidade do programa Noites Novas

A xuventude estradense reclama a continuidade do programa Noites Novas

Os rapaces e rapazas da Estrada atoparon nas últimas semanas unha forma saudable de saír nas noites dos sábados: as Noites Novas. Agora, non queren que remate.

“Na noite que acababa o programa os rapaces enviaron ao meu teléfono un audio pedindo a coro a continuidade das Noites Novas”

Lucía Seoane, concelleira de Xuventude

Este mércores a concelleira de Xuventude confirmou a súa continuidade, retomándose a finais de setembro ou en outubro. O éxito desta iniciativa é innegable, pois participaron máis de 200 rapaces e rapazas, chegando a completar o aforo en varias ocasións.

Comentarios

Deixar un comentario