Continuamos a coñecer integrantes do cartel das Festas de San Paio, que se celebrarán do 25 ao 29 de xuño. Xa coñeciamos que estarán Gran Parada, Obradoiro Carlos Barruso (28 de xuño) e a Brilat (26 de xuño).
As orquestas Cinema e Combo Dominicano confirmaron a través das súas redes sociais que tamén estarán. Cinema estará abrindo as festas, pois actuará o mércores 25, e o Combo animará a noite do venres 27.
Cómpre lembrar que tanto o xoves 26 coma o venres 27 serán festivos locais.


Deixar un comentario