O 21 de xuño celebraráse na Estrada unha nova edición da Estranoite, ou como é coñecida popularmente, da Nocturna. As inscricións están abertas na web de Emesports
Tanto a saída como a meta de todas as categorías estará na Rúa Calvo Sotelo, á altura da Sala Abanca. Desde alí, a proba absoluta dirixiráse á igrexa e á Feira, para seguir por Gradín, San Paio, Praza de Galicia, Rúa 56 e Antón Losada. Subirán pola Caldesiña á Zona dos Viños, rodearán o Novo Mercado por Padrón e Waldo Ínsua e chegarán a Peregrina tras pasar por Manuel García Barros e a Ruela da Fonte. Farán un novo paso pola Praza de Galicia, baixarán por Serafín Pazo, atravesarán a Praza da Constitución e continuarán por Iryda e subirán por Baiuca, Ponteareas e Ulla ata a meta. Tras isto, para completar os 8 quilómetros, darán outra volta ao circuíto.
Imaxe de portada: final da Estranoite 2024 // Xornal da Estrada

Deixar un comentario