O 2025 comezaba cun debate sobre se A Estrada estaba morta ou non. Isto sucedeu a raíz do peche de Brawin Burguer. Un mes despois, Mr Pizza anunciaba que ía abrir unha hamburguesería nese mesmo local, e iso está a piques de ser unha realidade.
O novo establecemento xa ten o letreiro co nome: Wild Burguer. Ademais, a través de redes sociais xa compartiron detalles de como é o local por dentro, desvelando que contará cunha pantalla para facer os pedidos, ao estilo das grandes multinacionais de hamburguesas. Tamén destaca un deseño de Machado no que o protagonista é un gorila, animal que tamén atopamos no logotipo do establecemento.
Imaxe de portada: establecemento despois de pechar Brawin Burguer // Xornal da Estrada


Deixar un comentario