Tiñan o nivel e o cariño, fallou a sorte

Tiñan o nivel e o cariño, fallou a sorte

No deporte non só hai que ter nivel, hai que ter sorte, “ter o día”. E o Estradense, pese a ter demostrado durante toda unha tempada que tiñan un gran nivel e un apoio inigualable da afección – xa quererían moitos equipos da categoría ser capaces de encher campos como o fixo o Estradense -, non tivo a sorte necesaria.

Desde o pitido inicial os locais buscaron os dous goles que necesitaban para poder pasar de rolda. Jaichenko tivo a oportunidade de marcar o primeiro desde o punto de penalti, pero o balón non entrou na portería do Sarriana. Pouco despois, Gamarra foi expulsado por dobre amarela e o Sarriana marcou dous goles. Na segunda metade intentaron remontar, pero o marcador non mudou.

Comentarios

Deixar un comentario