Reices critica o investimento nas zonas axardinadas cando a “2 quilómetros do centro amoréase o lixo”

Reices critica o investimento nas zonas axardinadas cando a “2 quilómetros do centro amoréase o lixo”

Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, criticou que o goberno local vaia gastar “128.000 euros en poñer bonito determinadas zonas da vila para que o alcalde poida sacarse selfie” cando “a escasos 2 quilómetros do centro, ao lado do punto limpo amoréase o lixo, cousa que xa denunciamos no mes de abril”.

Iso, para o nacionalista, supón unha mostra máis de que “este goberno vive das políticas para a galería deixando de lado cuestións máis importantes para os veciños e veciñas”. Asegurou que o goberno municipal non fixo nada ao respecto e que séguese a verter o lixo na contorna do punto limpo e do antigo matadoiro, que se converteu “nun espazo baleiro, de aires post-apocalípticos”.

Por último, instou a Gonzalo Louzao a que se cambie esta situación.

“Non lucirá tanto como o photocall, pero desde logo sairá máis económico para as arcas públicas”

Xoán Reices, voceiro do BNG

Imaxe de portada: lixo no matadoiro // cedida

Comentarios

Deixar un comentario