O Concello ten, por primeira vez, un Plan de Igualdade Interno

O Concello aprobou, por primeira vez na súa historia, un Plan de Igualdade Interno, que promoverá unha cultura laboral igualitaria e equitativa. Este afectará a toda persoa que preste un servizo no Concello, independentemente da súa relación xurídico-laboral.

Este estará dispoñible na web da institución municipal, como mostra do compromiso que ten coa igualdade entre homes e mulleres. O Plan ten vixencia durante os catro anos posteriores ao 11 de xuño de 2025, día seguinte á súa sinatura.

Primeiro,  negociouse coa representación do cadro de persoal unha diagnose previa en materia de xénero, e despois, trala observacióndas desigualdades detectadas, redactáronse as medidas máis axeitadas para lograr aigualdade nas relacións laborais. As medidas incluídas están relacionadas co acceso ao emprego público, a promoción profesional, a formación, a retribución, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.

Comentarios

Deixar un comentario