Na ESO estudaráse Avelina Valladares

Este martes presentouse a unidade didáctica sobre Avelina Valladares que empregarán os institutos estradenses o vindeiro curso. Está pensada para o primeiro ciclo da educación secundaria (1º e 2º ESO), aínda que moitas das actividades pódense realizar tanto en cursos inferiores coma superiores.

Consta de seis temas que permitirán coñecer a Avelina Valladares e relacionala con temas de actualidade como poden ser o papel da muller, o uso do galego ou os pseudomedicamentos, entre outros.

Esta unidade didáctica foi realizada por GCiencia e ten unha duración de seis sesións. Isto enmárcase dentro do Ano Cultural Avelina Valladares .

A programación do bicentenario da poeta de Vilancosta (Berres) continúa o venres 27 ás 20.00h cun concerto na Praza do Mercado a cargo do grupo Pablo Bernárdez.

Comentarios

Deixar un comentario