O Conservatorio remata este xoves o curso

O Conservatorio remata este xoves o curso

Este xoves ás 19.00h o Teatro Principal acollerá o concerto fin de curso do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) da Estrada. Nel participarán o Coro do Grao Profesional, Ensemble de guitarras, Ensemble de metais, Orquestra de Corda, Banda Xuvenil e Orquestra do Grao Profesional.

No acto, a concelleira de Educación, Amalia Goldar, entregará ao alumnado que rematou o grao elemental o seu correspondente diploma. Deste xeito, o Conservatorio dá por rematado o curso 2024-2025 e prepárase para abrir a matrícula desde o 1 de xullo ata o 24 dese mesmo mes.

Imaxe de portada: graduación do Conservatorio // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario