Este venres comeza o A Fume de Carozo

Este venres comeza o A Fume de Carozo

Se ben non forman parte da programación oficial das festas de San Paio, o A Fume de Carozo comezará a dinamizar varios espazos estradenses, deixando pegada neles.

Este venres ás 16.00h comezaráse a pintar con graffiti un mural na Rúa 25 de Xullo. A esa mesma hora dará inicio o skate na estación de autobuses. Desde as 18.00h quen se atope na estación poderá serigrafiar as súas camisetas, á vez que comeza un taller de debuxo nese mesmo espazo. Para rematar, ás 19.00h haberá unha charla sobre novela gráfica, tamén na estación de autobuses.

As actividades continuarán o sábado.

Imaxe de portada: muro do graffiti // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario