Pregón con María Mera e verbena con Cinema no inicio do San Paio

Pregón con María Mera e verbena con Cinema no inicio do San Paio

Tras os actos previos que levan tendo lugar desde o sábado, este mércores comezarán oficialmente as festas de San Paio.

Ás 10.00h lanzaránse as primeiras bombas de palenque. Ás 11.00h a charanga Os Jalácticos convertiráse na primeira agrupación que percorra as rúas da Estrada.

Ás 13.00h o balcón do Concello abrirá as súas portas para acoller o pregón de María Mera. Desde alí lanzaráse o chupinazo que dará comezo oficialmente ás festas. Seguiráo un brindis con sidra estradense e viño galego na Praza do Concello.

Ás 14.00h a zona do Invictus acollerá unha sesión vermú a cargo de Mar Davila e da charanga Os Jalácticos. A Praza do Concello será o escenario da exhibición de SondoDance e de Stradanza, que comezará ás 17.00h.

Á noite, a verbena comezará ás 22.00h e será a cargo das orquestras Tekila (Porta do Sol) e Cinema (Praza de Galicia).

Imaxe de portada: Manuel Gañete (presidente da comisión de festas), María Mera (pregoeira) e Alberto Blanco (concelleiro) // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario