Este martes o Teatro Principal acolleu o Día do Mestre, co que se pretende homenaxear a aqueles docentes que rematan a súa etapa na ensinanza na Estrada e, en moitos casos, na súa vida laboral. En total foron 8 os recoñecidos:

Augusto Otero Bugidos foi mestre de Física e Química no IES Manuel García Barros durante os últimos 20 anos.

Álvaro Pérez Vilariño impartiu Latín e Grego nos últimos 25 anos nese mesmo centro e é o responsable do mosaico que inauguraron hai uns días.

Esther Sánchez Recio ensinou a Xeografía e a Historia tamén no IES Manuel García Barros desde 1995 ata o curso que acaba de rematar.

María Teresa Schreck Mata tamén impartiu Xeografía e Historia, neste caso no Avelina Valladares desde 1999.

Jorge Agulló García foi mestre de Bioloxía e Xeoloxía desde o 2007 no Avelina Valladares.

Alejandro Sanmartín Enríquez ensinou aos alumnos do Avelina Valladares desde o ano 1999 na especialidade de Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

O CEIP Pérez Viondi tamén tivo un representante: foi Xosé Méndez Costa.

26 foron os anos que estivo Francisco Lorenzo Romero como profesor de Harmonía no Conservatorio de Música Profesional da Estrada.
Todos eles formaron estradenses durante un longo período de tempo. De feito, tres deles son coñecedores dos primeiros pasos do actual alcalde, Gonzalo Louzao, e así o lembraron no seu discurso.






Deixar un comentario